Presenza, conceptualización e tratamento da vellez no currículo escolar, quimera ou realidade?análise da imaxe das persoas maiores nos materiais curriculares de educación primaria de Galicia

  1. Zapico Barbeito, María Helena
Dirigée par:
  1. Jesús Rodríguez Rodríguez Directeur

Université de défendre: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 20 juillet 2012

Jury:
  1. María Lourdes Montero Mesa President
  2. María del Carmen Gutiérrez Moar Secrétaire
  3. Nieves Blanco García Rapporteur
  4. Jurjo Torres Santomé Rapporteur
  5. Artur Parcerisa Aran Rapporteur

Type: Thèses

Teseo: 328986 DIALNET lock_openTESEO editor

Résumé

Esta tese aborda a cuestión do vencellamento entre escola, currículo e maiores, dende dúas perspectivas esenciais. A primeira delas refírese á necesidade de converter a vellez en tema de reflexión e estudo no marco escolar, e de integrala nos materiais curriculares, que constitúen un dos piares fundamentais dos procesos de ensino-aprendizaxe nas aulas. A segunda delas atende á necesidade de analizar a integración da perspectiva interxeracional no currículo, dun xeito global e transversal, na defensa do desenvolvemento de iniciativas que estimulen o contacto entre xeracións e a reflexión de alumnado e profesorado respecto da derradeira etapa do ciclo vital. Entroncaríase así cos principios dunha pedagoxía da interxeracionalidade, a prol dunha sociedade para tódalas idades. Dende ese marco, nunha primeira fase do estudo empírico, a través da metodoloxía de análise de contido e logo do deseño dunha guía de avaliación de materiais, estúdase a presenza, conceptualización e nivel de adecuación da imaxe da vellez no currículo escolar, centrándose nos modelos de representación do envellecemento ofrecidos nunha mostra de materiais curriculares de Educación Primaria de Galicia. Na segunda fase da investigación, constrúese e valídase unha ferramenta de avaliación dixital que resulta potencialmente útil aos docentes nos procesos de análise dos recursos didácticos que empregan na aula, dende unha perspectiva etaria. Así mesmo, efectúase un sucinto achegamento á percepción que, respecto da cuestión da integración da realidade da vellez e a educación interxeracional no currículo, posúen un grupo de catro mestras e mestres de Educación Primaria de Galicia.