Conhecimento profissional do professor de educação físicatipos e fontes

  1. Rodrigues Rocha, João
Dirigée par:
  1. Amandio Braga dos Santos Graça Directeur/trice
  2. María Lourdes Montero Mesa Directrice

Université de défendre: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 24 septembre 2015

Jury:
  1. Carlos Rosales López President
  2. Raúl Eirín Nemiña Secrétaire
  3. Estela Pinto Ribeiro Lamas Rapporteur
  4. Alberto Aires da Cruz Albuquerque Rapporteur
  5. Francisco Carreiro da Costa Rapporteur

Type: Thèses

Résumé

Neste proxecto pretendemos asociar dous conceptos do mundo actual nas empresas "a formación e a mercadotecnia para a formación". Iso lévanos a estudar os fundamentos básicos da empresa: o traballo, como medio fundamental de produción e a formación, como a ferramenta que permite dispor dos recursos humanos necesarios. A formación continua nos contextos profesionais é hoxe un elemento crave e inescusable para a función e pervivencia da empresa, o que fai necesario dispor de instrumentos adecuados a ese escenario para conseguir a eficacia e eficiencia das accións formativas. A mercadotecnia para a formación e o estudo de necesidades son hoxe dúas ferramentas imprescindibles para conseguir un alto índice de éxito e satisfacción das accións formativas que se programen nas empresas a través dos programas de formación continua. Para que unha acción formativa cumpra os seus obxectivos e a formación teña o impacto requirido, crearemos instrumentos facilitadores do estudo de necesidades e exporemos un modelo, utilizando as ferramentas da mercadotecnia, que aplicaremos na realidade da formación continua na empresa, para a promoción da formación e a motivación dos empregados. Traballaremos con un grupo experimental composto por 3 accións formativas desenvolvidas na empresa, correspondentes a cada un dos sectores produtivos onde se utilizasen os instrumentos deseñados e aplicaremos o modelo de "mercadotecnia para a formación" proposto e un grupo de contraste onde en empresas de similares características realícese a formación de xeito tradicional sen apoio dos instrumentos citados e baixo un modelo non especifico para este tipo de formación. Os resultados corroborarán a validez ou refutaran a proposta.