Materiais didácticos en soporte impreso e dixital elaborados con apoio da administración local. Estudo prospectivo e descritivo na provincia da Coruña
- Jesús Rodríguez Rodríguez Director
Defence university: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 25 June 2019
- María Lourdes Montero Mesa Chair
- Daniela Gonçalves Secretary
- José Luis Muñoz Moreno Committee member
Type: Thesis
Abstract
A tese de doutoramento Materiais didácticos en soporte impreso e dixital elaborados con apoio da administración local. Estudo prospectivo e descritivo na provincia da Coruña estuda os materiais didácticos comunitarios, queles materiais didácticos elaborados dnede a administración local. Estes teñen unha alta presencia entre as accións socioeducativas dos gobernos municipais, pero teñen sido pouco estuados ata o momento, como nos revela a literatura académica, mais tamén as experiencias profesionais. Nesta tese realízase un estudo de carácter exploratorio que ten como obxectivo xeral da investigación identificar e describir as características dos materiais didácticos en soporte impreso e dixital elaborados con apoio da administración local, os procesos de elaboración e as decisións do goberno municipal. No estudo localizáronse, catalogáronse e analizáronse os materiais didácticos comunitarios publicados na provincia da Coruña e describíronse os procesos de elaboración destes materiais a partir das explicacións, coñecemento e opinión declarada polos responsábeis municipais. A metodoloxía de investigación que guiou o proceso investigador divídese en tres fases: a revisión da literatura respecto os estudos académicos e as reflexións profesionais sobre esta realidade; a catalogación dos materiais didácticos e recursos educativos existentes elaborados polos concellos; e a aplicación dun cuestionario aos informantes clave seleccionados polos concellos no que nos informan sobre os procesos de elaboración deste tipo de recursos. A revisión da literatura permitiu recompilar e valorar os coñecementos xa establecidos vinculados co problema obxecto de estudo; deseñar os instrumentos empregados na investigación; definir o concepto de material didáctico no ámbito local; identificar as transferencias e competencias da administración local en educación e materiais didácticos; e seleccionar as características territoriais e demográficas da administración local na provincia da Coruña que podan ter interese no cruce de variables. Para describir os materiais didácticos no ámbito local empregouse unha estratexia de complementariedade ou integración de métodos que inclúe unha ficha de catalogación e avaliación dos materiais didácticos e recursos educativos elaborados polos municipios da provincia da Coruña entre 1979 e a actualidade, para o que previamente realizouse un traballo de localización; e un cuestionario do coñecemento declarado polas persoas responsables da elaboración de materiais didácticos no municipio que permitise coñecer a súa visión respecto dos procesos e as decisións tomadas por técnicos e gobernantes (fundamentos pedagóxicos, perfís profesionais, competencias, financiamento).