The digital textbooka look at the current state of the art

  1. Nerea Rodríguez Regueira
  2. Jesús Rodríguez Rodríguez
Llibre:
Digital Textbooks: what's new?
  1. Rodríguez Rodríguez, Jesús (coord.)
  2. Horsley, Mike (coord.)
  3. Bruillard, Eric (coord.)

Editorial: Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico ; Universidad de Santiago de Compostela

Any de publicació: 2015

Pàgines: 9-51

Tipus: Capítol de llibre

Resum

Este traballo é un primeiro achegamento ás investigacións, reflexións e opinións que se levan realizado e publicado nos últimos anos en relación aos libros de texto dixitais. Cómpre sinalar que os estudos sobre esta temática son un fenómeno relativamente recente e, xa que logo, gran parte dos traballos e investigación aquí a analizados enmárcanse nos últimos cinco anos. Tamén é un tema que se trata de maneira diferente segundo os diferentes países e continentes debido aos diferentes niveis de execución e exame dos libros de texto dixitais. No tocante á estrutura do capítulo, comezaremos examinando algunhas das razóns para realizarmos unha investigación neste momento. Despois, co fin de definir a importancia do noso traballo e as posibles ramificacións no campo da investigación e da práctica educativa, engadimos unha sección titulada Que se entende por libros de texto dixitais?, onde pretendemos especificar o concepto de libros de texto dixitais. Máis tarde hai unha sección titulada Investigacións sobre os libros de texto dixitais, onde se presenta unha revisión dos principais traballos e investigacións sobre o tema. Esta sección subdivídese de acordo os principais temas de estudo. Finalizamos coa sección Que hai de novo na investigación sobre o libro de texto dixital?, onde analizamos e comparamos a investigación sobre este tipo de libros coa dos libros de texto tradicionais.