Educación infantil e músicaOs materiais dixitais na escola
Año de publicación: 2015
Número: 48-49
Páginas: 88-109
Tipo: Artículo
Resumen
A tradición do ensino musical na etapa infantil é recente ( LOXE, 1990 ). En Galicia, a mediados da década dos 90 empezamos a ver nas aulas especialistas de educación infantil e musical. Neste momento histórico a tecnoloxia educativa ten un papel fundamental no desenvolvemento educativo ( vexase no noso contexto; abalar, edixgal, etc.). Polo tanto, o papel docente é fundamental no momento de considerar estes materiais no ensino musical na etapa de infantil. A proliferación de estudos sobre estes recursos no ámbito musical é importante nos últimos anos, se ven a utilización dalgúns deses materiais esténdese máis aló ( Sotomayor, 2003; Cabero & Llorente,2008, Garrido Miranda,2009). Este artigo presenta parte do estudo de doutoramento " Os materiais didácticos e musicais en educación infantil" dirixido polo Dr.Jesús Rodríguez Rodríguez ( USC) con datos recollidos na realidade galega dos últimos anos. Este documento expón a análise da percepción das/os docentes galegos sobre eses materiais tecnolóxicos, desde a perspectiva da súa opinión. A parte empírica do estudo desenvólvese seguindo unha metodóloxia triangualr de carácter interpretativo, donde analizamos 568 enquisa de docentes de infantil e de música, ralizamos 10 entrevistas semiestructuradas a mestras, profesoras de universidade e á inspección educativa no ámbito do ensino musical galego, e realizamos análise de imaxe de 10 aulas de educación infantil e musical de escolas de ámbito estatal. Os resultados mostran os materiais e medios audiovisuais e TIC que predominan no uso habitual ( por ex. os reprodutores de música son utilizados plo 90,49%) e o profesorado que utiliza algún destes materiais nas aulas galegas ( un 55% ). O ordenador destaca, sobre todo , para completar información ( por un 37,03% ) ou para preparar material impreso ( ata un 67,46% ). O videoxogo utilizase polo 29,05% e os recursos MIDI por un 14,26 %. A utilización de determinados recursos ( a saber, webs de formación/información, repositorios de material diverso relacionado coa música ou encerado dixital) constitúen indicadores que transmiten da importancia dunha adecuada formación previa. Con este traballo, por una banda, preténdese poner de manifestó a necesidade analizar os recursos dispoñibles, despois do camino iniciado na década dos noventa, relacionado coa música e a súa incorporación real nas aulas infantís. Por outra banda, insistimos na importancia de consideraro material didáctico como obxecto de investigación, procurando una acción consciente e crítica no acto de educar, a través de : -Unha formación clara e completa nos recursos educativos, -espazos de intercambio de aprendizaxe entredocentes, que posibiliten aprendizaxes colectivas no desenvolvemento e utilización dos materiais. -procurar una maior convivencia docente cos recursos a compartir e, -colaboracioncomo situación ideal de traballo, pero tamén como realidade posible e desexable.