Como denominar aos nosos maiores?

  1. Zapico-Barbeito, María-Helena
Libro:
Comunicación e persoas maiores: Actas do Foro Internacional
  1. Álvarez Pousa, Lois (coord.)
  2. Pim, Joám Evans (coord.)
  3. Kristensen, Bárbara (coord.)

Editorial: Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

ISBN: 978-84-690-7017-8

Ano de publicación: 2007

Páxinas: 21-28

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

Todas as posibles verbas coas que podemos denominar ós nosos maiores teñen a mesma significación, as mesmas connotacións, a mesma esencia e implicacións? Todo o amplo abano de termos cos que contamos acotío para referirnos ó colectivo da vellez e á derradeira etapa da vida gozan acaso da mesma aceptación social e persoal? Cales son os porqués, os motivos últimos, que xustifican e fundamentan cada elección particular e se acochan tralo emprego dun ou doutro termo de referencia? Se os medios son, en certa media, o espello no que os nosos vellos e vellas se miran, cal é o reflexo que os propios maiores queren ver? Como queren ser tratados e denominados? Neste texto pretende ofrecerse unha sinxela e sintética reflexión ó redor dalgunhas das connotacións subxacentes tras certos termos dirixidos a denominar ós membros máis lonxevos da sociedade. En base ós resultados dos estudios de diferentes autores/ as, preténdese suscitar o debate en torno a un tema vasto e poliédrico, sen maiores pretensións que as de transmitir agora unhas tenues pinceladas dun máis amplo cavilar en torno a unha temática complexa, estimulante e rica en matices, que coidamos merecerá ser digna de futuras e renovadas análises profundas e sistemáticas.