O futuro profesorado de Educación Infantil como modelo de linguaanálise de producións orais e percepcións da competencia lingüística en galego

  1. Iria Sobrino-Freire
  2. Renée DePalma
  3. María-Helena Zapico-Barbeito
Libro:
Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral: Vigo, 13-15 de xuño de 2018
  1. Marta Díaz (ed. lit.)
  2. Gael Vaamonde (ed. lit.)
  3. Ana Varela (ed. lit.)
  4. María del Carmen Cabeza Pereiro (ed. lit.)
  5. José María García-Miguel Gallego (ed. lit.)
  6. Fernando Ramallo Fernández (ed. lit.)

Editorial: Universidade de Vigo

ISBN: 978-84-8158-786-9

Año de publicación: 2018

Páginas: 854-861

Congreso: Congreso Internacional de Lingüística Xeral (13. 2018. Vigo)

Tipo: Aportación congreso

Resumen

Dentro dos procesos de revitalización das linguas minorizadas a escola pode desempeñar un papel central se conta cun profesorado motivado e lingüisticamente competente. No caso galego, constátase que nos últimos anos unha porcentaxe importante do estudantado dos graos de maxisterio chega á universidade cunha competencia lingüística escasa, de maneira que resulta imprescindíbel fomentar accións para que o futuro corpo docente tome consciencia das súas necesidades de aprendizaxe. Neste traballo presentamos os principais resultados dunha investigación acción participativa (IAP) que se desenvolveu nos cursos académicos 2016/2017 e 2017/2018 e que consistiu na análise dunha práctica de aula realizada na materia “Didáctica da lingua galega”, do Grao en Educación Infantil da Universidade da Coruña, e das respostas aos cuestionarios distribuídos entre o mesmo alumnado unha vez finalizadas as clases. O estudo permitiunos concluír, por unha parte, que a creación de grupos de traballo integrados por falantes con historias lingüísticas diversas favorece a reflexión sobre o modelo de lingua e, por outra, que o profesorado da materia debe perfeccionar os instrumentos utilizados para contribuír á adquisición dunha mellor competencia metalingüística no alumnado.