Comunicación e maiores

  1. Zapico-Barbeito, María-Helena
Libro:
Comunicación e persoas maiores: Actas do Foro Internacional
  1. Álvarez Pousa, Lois (coord.)
  2. Pim, Joám Evans (coord.)
  3. Kristensen, Bárbara (coord.)

Editorial: Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

ISBN: 978-84-690-7017-8

Año de publicación: 2007

Páginas: 229-238

Tipo: Capítulo de Libro

Resumen

Temos ante nós un esixente desafío: revalorizar, redefinir, reconceptualizar e dignificar a realidade da vellez na nosa sociedade. Coido que, lonxe de tratarse dun reto sinxelo, demandaría unha resposta áxil, rigorosa e global, baseada ¿ cando menos¿ en catro grandes piares: os medios de comunicación de moi diversa índole, entidade e esencia, que deberían mudar a imaxe, nivel de presenza e protagonismo da vellez nas súas páxinas, no seu seo; o universo académico e da investigación, para o que esta temática alberga e suscita un fondo e crecente interese científico, sendo preciso contar con estudios renovados e de fervente actualidade; o universo educativo, entendido dende unha perspectiva holística, incorporando o respecto e revalorización interxeracional como tema transversal clave no ensino e potenciando relacións interxeracionais harmónicas e mutuamente enriquecedoras en tódolos contextos didácticos; e a propia sociedade no seu conxunto, que viría a erixirse como o macro-piar substancial, básico, da reconceptualización do envellecemento. De todos nós depende, en definitiva, que a vellez sexa socialmente dignificada e escoitada, nun proceso de co-responsabilización persoal, profesional e comunitaria sen precedentes.