O binomio persoas maiores e libros de texto

  1. Zapico-Barbeito, María-Helena
Libro:
Comunicación e persoas maiores: Actas do Foro Internacional
  1. Álvarez Pousa, Lois (coord.)
  2. Pim, Joám Evans (coord.)
  3. Kristensen, Bárbara (coord.)

Editorial: Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

ISBN: 978-84-690-7017-8

Año de publicación: 2007

Páginas: 257-268

Tipo: Capítulo de Libro

Resumen

Ó redor da realidade da vellez está a manterse un intenso debate, froito do crecente interese que este colectivo de idade suscita socialmente a moi diferentes niveis e dende moi diversas perspectivas e dimensións de análise. E é precisamente dende a perspectiva educativa dende a que nos situamos na investigación que vimos asumindo nos últimos anos ¿e continuamos a desenvolver na actualidade¿ dende o Departamento de Didáctica e Organización Escolar da USC, abordando de xeito prioritario a cuestión da imprescindible vinculación entre escola e maiores. Mergullámonos así nun campo de estudio moi escasa e limitadamente tratado ata o momento na literatura xerontolóxica e educativa: a dirección do que coidamos necesaria conversión da realidade da vellez en tema de reflexión, diálogo e estudio no seo das aulas, e de integración no contido dos materiais curriculares. No presente artigo ofrécese unha breve e moi exigua síntese das características e esencia fundamental da devandita indagación, destinada a analizar os modelos de representación das persoas maiores que ofrecen os materiais curriculares en formato impreso empregados nas escolas galegas.